É o Taller máis demandado xa que o canto, practicado de modo regular, dá estupendos resultados, porque se traballa sobre o avance do alumno de modo inmediato e ao seu ritmo. O ideal é traballar dunha a tres veces por semana para que o desenvolvemento vocal no aspecto físico e a comprensión dos conceptos progresen ao mesmo tempo.
Ás veces, por cuestións de tempo ou distancia, non hai máis remedio que realizalas quincenalmente, compensándoo, en xeral, con sesións de máis duración. Está comprobado que este método funciona e dá resultado, aínda que o avance poida non ser tan rápido. O desenvolvemento vocal e os conceptos aséntanse e maduran de modo totalmente seguro e profundo.