Creación de Personaxes e Base Actoral

A estas alturas do curso  hai xa unha evolución para abordar o fascinante proceso de creación do personaxe.

Temos que profundar, meditar, buscar, indagar no noso consciente e inconsciente para que o personaxe vaia tomando forma. Hai que aprender a observar, sentir, ler, inundarse do texto e/ou a música para que vaia falándonos e xestándose no noso interior.

A base actoral deste método consiste en colaborar na creación interior do personaxe para que acabe manifestándose. Axudaremos a cada artista a sentir este proceso que lles vai acompañar de por vida e fará das súas creacións algo sempre distinto e especial, como especial é cada alma humana.

Datas: decembro
Alumnos: 18
Horas: 12
Profesor: Asociación Lírica de Galicia (A Coruña)

Creación de Personaxes e Base Actoral

Facebooktwitterlinkedinmail