Fonética de Canto

Sendo a pronunciación do texto cantado un dos aspectos fundamentais da interpretación da música vocal, é evidente a necesidade dunha análise profunda da fonética de canto de cada idioma que se aborde. Desde o coidado por pronunciar todos os fonemas con corrección, aínda no idioma propio do cantante, pois sempre hai sons máis complicados de articular e proxectar con musicalidade, segundo as peculiaridades de cada persoa. Nin que dicir ten que este labor complícase en idiomas menos coñecidos que o idioma nativo. Pero a través do estudio e a práctica ben dirixidos   conséguese que o texto sexa unha vía de expresión máis e non un obstáculo. Para o principiante todo son obstáculos  que posteriormente  transmutan en recursos artísticos para servir ao compositor en cuestión e á música. Non esquezamos que a música cantada foi composta e inspirada en case a totalidade dos casos,  a partir dun texto que non se pode obviar.

Datas: Todo o ano
Alumnos: Presenciais e on-line
Profesor:Fernando Balboa (barítono)

Fonetica de Canto_Lirica de Galicia

Facebooktwitterlinkedinmail