Corpo en Concerto

Tanto na ópera como no teatro estamos arroupados para interpretar en certa dirección por un entorno, un argumento, un acontecer no tempo da obra; na maioría dos casos apoiados polo vestiario, atrezzo, escenografía… todo o que desaparece cando o cantante ten que desenvolverse nun concerto ou o actor nun recital de poemas ou calquera outro tipo de texto.

Isto non é diferente do traballado no taller anterior, pero si é un paso máis en introspección e profundidade para seguir facendo da interpretación unha experiencia profunda, transformadora e, sobre todo, única e transcendente.

As axudas  redúcense, e xa só contamos cun texto e música (nada menos) ou cun texto. Pero non pensemos que é máis difícil por ser o camiño máis estreito, xa que unha folla ben afiada penetra máis profundamente e chega máis facilmente ao corazón. Agora todo o noso traballo  céntrase nun punto de atención moito máis concreto. É como a luz do Sol concentrada cunha lente, que pode converter a suave calor nunha enerxía que queima.

Así, neste taller aprenderemos a ir prescindindo máis e máis de axudas externas para concentrarnos na mensaxe, a partitura e/ou o texto para chegar ao segredo da obra en cuestión e o que inspirou ao autor no seu momento, recuperalo e recrealo, para volver a facelo vivo, como se estivese sendo escrito de novo. E certamente que o está.

Fecha: 27, 28 e 29 de agosto do 2021
Organiza: Asociación Lírica de Galicia (A Coruña)
Prazas límitadas
Información e inscripcións:  antes do 14 de agosto

O Corpo en Concerto

Facebooktwitterlinkedinmail