Do canto á escena
Neste taller abordaremos a excelencia dun canto sublime e impecable, pero incompleto. Co termo de “á escena” queremos significar facelo vivo. Corrixir algo que os cantantes esquecen con frecuencia, somerxidos na preocupación do son, da afinación, do tempo, e de toda a difícil técnica vocal en xeral, e é a entrega tamén á palabra. Hai tanta música escondida nunha pronunciación correcta. La maioría das palabras encerran no seu son parte do seu significado. Como cantantes actores, todo o traballado ata aquí ten que manterse vivo ao chegar o momento da posta en escena. E se o traballo foi profundo e en gran medida, de transformación persoal-artística, isto ocorrerá .
No caso do actor que recita, é introducirse na música dun texto falado, traballo fascinante que sempre enriquece, cunha metodoloxía de ensino baseada, como sempre, en axudar a descubrir, a darse conta do que hai, para utilizalo como recurso expresivo.
En definitiva trátase aquí de compartir co público esa experiencia profunda, transformadora e luminosa que é o feito artístico.