A Asociación Lírica de Galicia foi fundada no 2005 , como resposta á inquietude do Maestro Fernando Balboa e a súa colaboradora Pilar Cabrera que motivaron e implicaron a un grupo de alumnos, cantantes e afeccionados á Música Culta.
Como finalidade principal propúñanse a creación dunha Compañía de Teatro Lírico estable, a “Compañía Lírica de Galicia”, na Comunidade Autónoma Galega para:
- Facer frente á gran demanda de formación vocal de calidade sen ter que desplazarse fóra de Galicia.
- Paliar a demanda de solistas vocais para a posta en escena de obras clásicas e contemporáneas sen ter que recurrir a artistas foráneos.
- Apoiar a producción musical existente en Galicia ofrecendo solistas de calidade sen ter que traelos de fóra.
- Impulsar a creación de novas produccións musicais de Teatro Lírico feita desde Galicia e con cantantes galegos ou formados en Galicia para darlle despois unha proxección nacional e internacional.
- Rescatar a Lírica Galega, tan fermosa como abandonada, e levala aos escenarios para que sexa coñecida e valorada na súa xusta medida.
- Dotar a Galicia dunha Compañía Lírica estable, de actividade permanente, para cubrir as necesidades que se presentan neste campo.
- Permitir a programación dunha actividade musical estable e de calidade.
A idea de crear unha Asociación destas características, comenzou no año 2001, cando Fernando Balboa e Pilar Cabrera crearon a Aula de Canto da Asociación Pedagóxica e Cultural Gamelán e comezaron a impartir clases de canto de alto nivel a un pequeno grupo de cantantes, de amplia traxectoria xa no ambiente coral de Galicia, que desexaban perfeccionar a súa técnica solística e introducirse na Técnica do Bel Canto que o Maestro Fernando Balboa traía a súa Galicia natal facendo un paréntese na súa actividade profesional como cantante lírico para transmitir os seus coñecementos do Canto Grande ás xóvenes promesas galegas que non podían ou non querían ter que desplazarse fóra da súa Comunidade para formarse.
Tras catro anos de intenso traballo e contando xa cun elenco importante de solistas dase o paso definitivo: pechar a Aula de Canto e formar unha nova Asociación que se adicará por completo ó Canto Lírico.
Crease polo tanto en A Coruña a Asociación Lírica de Galicia que comenza xa cun amplio número de alumnos e unha traxectoria concertística previa a través do Grupo Vocal Árdora.
Dado o crecente número de alumnos e a dispersión xeográfica destos decídese ampliar as sedes e, contando co apoio do Concello de Ferrol primeiro e do Concello de Narón despois establécese unha segunda sede en Ferrolterra para traballar semanalmente cos alumnos daquela zona.
Con apenas un puñado de socios a entidade comenzou a súa andadura; tiña ante sí un dificilísimo reto: convertir a Galicia e concretamente a A Coruña nun centro importante no panorama musical do Canto e o Teatro Lírico.
Planifícase un período de tres años para acadar os objetivos propostos na programación inicial e márcanse objectivos a corto, medio e longo prazo, entre os que figuran:
- a organización dunha temporada anual de Teatro Lírico coa participación de artistas galegos que xa teñan alcanzado unha madureza vocal xunto con cantantes de renome nacional e internacional
- a promoción de cantantes galegos ou formados en Galicia tanto na súa Comunidade Autónoma como en otras Comunidades, e a recuperación da ópera , a Zarzuela e a Lírica Galega como espectáculo.
Sen dúbida todo un reto ao que hai que engadir a escaseza de recursos económicos.