Skip to content
Entre os fins principais desta Asociación están:
- Acadar o desenvolvemento integral do individuo a través da práctica habitual e sistemática da música, especialmente do canto lírico e a música clásica.
- Contribuír á educación e promoción integral dos nenos e das nenas, empregando a música, axudando a mellorar as condicións da vida infantil e xuvenil mediante o desenvolvemento de actividades culturais nos momentos de ocio e tempo libre educativo para nenos/as e rapaces e rapazas.
- Combater e previr a exclusión social, prestando servizos culturais e de acción social a menores, xoves e adolescentes en risco de exclusión por motivos de fracaso escolar, falta de capacitación profesional, o que proveñan dun entorno social ou familiar deteriorado, ou vítimas de situacións de abandono ou maltrato físico ou psíquico; mulleres en situación de vulnerabilidade ou en risco de estalo; minorías étnicas, emigrantes e inmigrantes e/ou cantas outras formas de exclusión social e marxinación poidan presentarse.
Para levar a cabo estes fins a Asociación organizará as seguintes actividades:
- Talleres de estudio para intentar facer ao alumno/a o protagonista, responsable da súa aprendizaxe, que constrúe o coñecemento, modifica e elabora os seus esquemas partindo dos seus coñecementos previos, reflexiona e obtén conclusións.
- Cursos e Talleres de formación non regrada, xornadas, congresos e charlas informativas e divulgativas.
- Talleres de apoio escolar adaptando os aspectos metodolóxicos ás características do alumnado, cun carácter flexible, tendo en conta a realidade individual