O taller de Ópera-Estudio “ARDORA” é un proxecto da Asociación Lírica de Galicia para cumprir unha parte importante dos seus fins principais:
- Contribuír á recuperación do canto lírico, a ópera, a zarzuela e o teatro musical de calidade nas novas xeracións da sociedade galega.
- Acadar o desenvolvemento integral do individuo a través da práctica habitual e sistemática da música, especialmente do canto lírico e a música clásica.
- Ofrecer formación musical, especialmente en materia de Ópera, Zarzuela e Canto Lírico en xeral a cantantes de talento, así como fomentar a reciclaxe profesional e a formación especializada das persoas vinculadas á actividade da creación, produción, distribución e exhibición de espectáculos de teatro e música.
- Formación integral de artistas líricos capaces de afrontar diferentes especialidades vocais en concertos, recitais e música escénica.
- Apoiar aos novos valores xa formados ou a un alto nivel artístico no proceso de formación para iniciarse en actos musicais públicos ou acceder á vida profesional.
- Dotar a Galicia, e en especial á cidade de A Coruña, dunha “canteira” de solistas para complementar o importante labor desenvolvido por Corais e outros grupos musicais, logrando unha autosuficiencia artística local e incluso Autonómica de cara á programación de actividades musicais que requiran a participación de solistas de talla.
- Creación dun grupo de solistas que, en colaboración, puedan ofrecer una actividad concertística continuada.
- Recuperar obras galegas e ofrecelas como parte do repertorio para promocionalas y difundilas.
- Apoiar aos novos compositores e ofrecerlles a oportunidade de estrear as súas obras cun elenco de bos cantantes galegos e formados en Galicia.