Trabállase sobre o feito vocal enfocado a persoas que necesiten coñecer o funcionamento saudable da voz: docentes e todo tipo de educadores; directores musicais e de coro; actores, directores de teatro, e actores de dobraxe, así como calquera individuo que desexe ou necesite uns coñecementos específicos da voz para calquera forma de especialización vocal.
A voz ten un mecanismo que, se se analiza e explica, pode ser comprendido e asimilado por calquera persoa. Deste modo, o terrible surmenage vocal dos docentes, ou o frecuente feito da voz forzada e, a miúdo, non natural dos actores en busca do son e as peculiaridades da voz dos seus personaxes, son asuntos facilmente subsanables cun tempo de traballo, e comprensión dos mecanismos vocais.