Talleres Instrumentais

“A música axuda a interrelacionar conecementos»

Por que pensamos que a música é tan importante na aprenizaxe dos rapaces? Porque a música nos acompaña en todas as etapas da nosa vida e, afortunadamente, hoxe en día a comunidade educativa ten claro o papel clave que xoga a música na formación global dos alumnos e tanto os pais como a sociedade en xeral comprenden que as materias artísticas son importantes para o axeitado desenvolvemento intelectual dos nenos.

Por esta razón, nos nosos Talleres de Musicoterapia aplicada ao estudo favorecemos tanto a escoita activa da música clásica como a práctica de diferentes instrumentos, especialmente o piano, e a guitarra que son os dous instrumentos que atraen máis aos rapaces.

Talleres Instrumentais

Tamén valoramos os estudos que realizan en Conservatorios e Escolas de Música facéndolles ver a importancia que teñen no seu desenvolvemento escolar e persoal.

Intentamos que comprendan e valoren que o trabajo melódico favorece a memorización de textos e a correcta acentuación das palabras e mesmo mellora a dicción. O traballo auditivo con melodía e timbre beneficia a capacidade de concentración e a aprendizaxe doutras linguas.

Facebooktwitterlinkedinmail