principalmente á maioría das obras do repertorio dos séculos XVII, XVIII y XIX. Como exemplo, podemos propoñer a música de Beethoven, Mozart, Haëndel, Tchaikovsky, Liszt, Schubert… entre moitos outros. Un dos aspectos máis importantes a ter en conta é que a música que se utilice, debe ser do agrado do público.
Sen embargo os beneficios da música para o estudio non se cinguen a estudar oíndo música. Tamén comprobamos que axuda a mellorar os resultados académicos o estudio dun instrumento musical ou escoitar música anque non necesariamente nas horas de estudio.
Cando Einstein aínda era un rapaz dixeron del: “Como mellorou no estudio desde que estudia violín”!
A expresión “Efecto Mozart” refírese aos presuntos efectos a nivel cognitivo que produce escoitar as melodías de W. A. Mozart.
A influencia da música de W. A. Mozart no cerebro segundo algúns investigadores radica na súa regularidade rítmica e formal. O presunto efecto Mozart tamén se utiliza para designar os efectos da música sobre o comportamento humano, indistintamente do seu xénero.
A música sinfónica e instrumental utilízase en salas de hospitais, ante intervencións cirúrxicas, en fábricas, en bibliotecas, e noutros ambientes, buscando segundo os casos, a relaxación, a concentración, a memorización, a creatividade, a análise. Todo isto que fai a música débese ás ppm (pulsacións por minuto) que ten en especial a música de Mozart, xa que cambian o estado do cerebro e o fan máis receptivo.
O que pretende este Taller é que , o/a alumno/a aprenda a estudiar de forma eficaz, logrando as competencias de Aprender a Aprender e de Autonomía e Iniciativa persoal. Cremos que é un aspecto clave e moi importante para o logro de bos resultados académicos.
Comezará cunha sesión conxunta de pais e fillos nos que se darán unha pautas xerais sobre Técnicas de Estudio e , en entrevista posterior con cada familia estableceranse protocolos de atención individualizada para cada caso. Abordarase nese momento a posibilidade de que o alumno/a participe tamén nalgún Taller de Música complementario (piano, violín, canto)
Temas de interese común abordados na 1ª sesión conxunta
O lugar de estudio, planificación e motivación para estudiar.
Requisitos para poder estudiar adecuadamente.
Atención e elaboración do horario.
Tipos de lectura e as lecturas máis relacionadas co estudio (prelectura e lectura comprensiva), velocidade lectora, comprensión lectora e aumento do vocabulario.
Subraiado, Esquema, Resumen e Memoria,
Reglas mnemotécnicas que nos axudan a memorizar, consellos para repasar, como afrontar e preparar os exames, técnicas de relaxación e síntese.
Tipos de escritura. Corrección de disgrafías. Ortografía e Ortofonía.
A partir dese momento, e unha vez feitos os programas individuais traballarase de maneira individual o en pequenos grupos cos alumnos/as inscritos no programa.
Dada a gran carga lectiva e horaria dos alumnos trataremos de que a maior parte das sesións de traballo coincidan en sábado, festivos e vacacións, deixando os dias lectivos ordinarios para control do traballo individual ou necesidades inmediatas dos alumnos.