A presencia escénica é un asunto delicado e, como case todo na arte, intanxible, pero claramente perceptible. Dicían que María Callas ou Giuseppe Taddei posuían o don de ser sempre o centro  da atención do espectador, anque estivesen en silencio fora da escena principal, que transcorría nese momento centrada en outro personaxe, as miradas dirixíanse a eles.

No cabe dubida de que o talento para estar en escena pode posuírse en maior ou menor grado, pero o que é certo é que en calquera caso necesita traballo. Traballo para expresar profundamente ademais de coa voz, coa actitude adecuada para que a esencia do personaxe puída chegar ao público.

Non se trata de xestos, actitudes nin recursos de fora a dentro, senón de sentir fundido a psicoloxía do actor ou cantante á da do personaxe que se está interpretando. Ou no caso dunha canción, sexa en concerto, sexa escenificada, a fusión absoluta co que se di e que isto resulte nunha “nova personalidade” do momento artístico, como se cada palabra ou nota brotase do interior. É re-crear a obra, non unha lectura máis ou menos estudiada ou traballada.

Para esta formación cómpre a aprendizaxe de auto-percepción escénica.

Comezase coa auto-consciencia do propio corpo e da propia mente para así, manifestarse artisticamente desde a realidade do experimentado, co cal non se interpreta, senón que se vive, unha experiencia artística. E esta nova personalidade-emoción-expresión é o que chega ao público e o conmove porque sintoniza co artista, xa que é un ser humano vivindo unha experiencia que lle conmoverá. Non se trata de ver a unha estrela da escena, senón dun ser humano no escenario comunicándose con cada ser humano que forma o que chamamos “o público”.